aleatoria6.jpg

Entrevista a Edu Gonzalez, Seleccionador Gallego Sub 12 y Coordinador Selección Territorial Vigo

Revista do fútbol feminino galego de Abril entrevista a Edu González, Seleccionador Sub 12 Femenina y Coordinador Selección Territorial de Vigo Femenina.

 Un día, en El Olivo, atopouse cunha misión. José Estévez acababa de xogar a fase de ascenso á Superliga coas viguesas e, de boas a primeiras, foille encomendado substituír ao seu primeiro. Anos despois, superando ao mestre, viuse coa mesma papeleta. Acababa de subir ao cadro vigués pero el non ía ter o pracer de dirixir ao equipo na máxima categoría. Foi o ano da chegada de Xosé García Liñares á presidencia da FGF, un ano de media mudanza de seleccionadores galegos. Petaca mantivo o cargo, a Quin Balbuena – que nesa campaña tocoulle todo o bo – logo de entrar como substituto de Edu González en El Olivo, asignóuselle a sub’18. Un día, dise nalgúns ámbitos que grazas a que Pili Neira deu a suxestión, acabou sendo nomeado seleccionador para un combinado acabado de crear: o feminino sub’12. Foi chegar e apañar unha prata no Campionato de España en Bormuxos. Tamén din del que ten peneirado todo o panorama futbolístico feminino galego. É un currante do fútbol. É, precisamente, Edu González.

 

Terceiro ano como seleccionador sub’12. Como foi a túa escolla?

Pois foi algo rápido e sinxelo, una chamada de teléfono de Don Alfonso González, un café e, aos cinco minutos, xa tiñamos todo apalabrado. Despois falar con Juan Vázquez e ata agora.

 Na temporada anterior viñas de ascender a El Olivo a Primeira División. É complicado asimilar unha  mudanza así?

Non, son cousas distintas. Na primeira é un club e na segunda é a selección galega, a Federación Galega de Fútbol. É distinto. Tamén é certo que eu, ese ano, estaba co C.D.Cultural Areas adestrando na Terceira División Galega, e tiven que compaxinar o traballo de club co traballo de seleccionador sub 12.

Que é o que se tenta traballar nunha selección destas características?

Basicamente o que intentamos é que as xogadoras que veñen á selección sub 12 comecen, ou teñan, unha primeira toma de contacto coa selección e coa competición feminina. Temos que lembrar que case todas estas rapazas xogan en equipos “mixtos”, son elas as únicas mozas do equipo e compiten nunha liga “masculina”, de mixta ten pouco (risas). Para algunhas, ou case para o noventa por cento delas, vai ser a primeira vez que compitan nun equipo formado integramente por nenas e que xoguen de igual a igual contra outro conxunto tamén de rapazas, polo que a súa participación no encontro, o seu protagonismo, a súa implicación, vai ser, case que con toda seguridade, moito máis alta que no seu equipo. Iso hai moitas xogadoras que non son capaces de asumilo e, chegada a competición, caen en picado, polo que ese traballo psicolóxico é moi importante. Por suposto, tamén traballamos aspectos técnico-tácticos, estratexia ofensiva e defensiva, e sobre todo moito traballo de balón. “Suponse” que nos seu equipos se traballan todos os aspectos do fútbol, pero sempre levas algunha sorpresa.

Sobre que metodoloxía se fai?

 Loxicamente hai cousas que son de lousa, apoiados tamén con técnicas externas, audiovisuais e outros elementos ou soportes, pero a base da nosa metodoloxía de traballo é a “integrada”, onde o técnico-táctico-físico é o punto en común, partimos de que, como vos comentei antes, o traballo de base está feito nos clubs, polo que se busca optimizar o pouco tempo que temos para preparar o campionato.

 En Galiza non hai fichas suficientes para dividir a base entre masculino e feminino. É mellor así ou preferirías que se dera o caso da maioría dos outros deportes?

 Aquí hai dúas lecturas. A primeira: egoistamente eu prefiro dividir entre masculino e feminino. Hai fins de semana nas que colles o coche e pégaste palizas de quilómetros para ir ver un partido onde xoga unha nena e, cando chegas alí, ao mellor póñena a xogar cinco minutos. Eu, con iso, non podo decidir se esa rapaza ten que vir ou non á selección, non sería xusto. Por iso, o de ter una liga feminina, serviría para ir ao partido, ver a doce ou catorce rapazas por equipo e, con iso, escoller. Tamén é certo o que dis, non hai fichas suficientes. Entre benxamíns e alevíns falamos de 300-350 licenzas en toda Galicia. A outra lectura: nótase cando unha nena ven de xogar con nenos ou non. Este ano contamos con rapazas que xogan en equipos femininos e rapazas que xogan en equipos mixtos e, a nivel físico, nótase ben a diferenza. Logo, nos aspectos técnico-tácticos, hai diferenza, pero non tanta. Penso que me decanto por esta segunda, prefiro facer moitos quilómetros (risas).

Cando chegan as xogadoras ás vosas reunións, chegan algo traballadas ou sen base de coñecementos?

 Como che dixen antes, partes da base de que veñen traballadas dos seus equipos, logo te decatas que hai veces, poucas, moi poucas, que non é así e tes que pararte un chisco máis do que desexas, pero tampouco pasa nada, gústanos tanto a Me coma a min, facémolo con sumo gusto.

 Serías partidario que a sub’12 xa xogara a fútbol 11 e non a fútbol 8?

Se a Liga fora de fútbol 11 rotundamente si. Se a Liga segue de fútbol 8, como ata agora, xa che digo que non. Non podes, en sete ou oito adestramentos que temos, adaptar ás rapazas a fútbol 11 se están xogando a fútbol 8. Como xa dixera, buscamos optimizar o pouco tempo do que dispomos. Pero si, eu prefiro fútbol 11. Nun campo de fútbol 7 meteron unha xogadora máis por equipo e chamárono fútbol 8. As dimensións do terreo de xogo son as mesmas, hai máis xente e hai menos espazos …

 A primeira aparición foi un terceiro lugar en Bormuxos. Cales son as túas vivencias daquilo?

 Foi algo surrealista. Cando o recordamos cos país das xogadoras, coas futbolistas, Me, Susi (a médico), Pino (material), os directivos que viñeran …, é como che digo moi surrealista. Chegas ao hotel en Benacazón e as seleccións que xa estaban aló te miran raro. Dis, “caramba, como se toman isto”. Pero cando empezas a escoitar: “Mira, esas son las gallegas, ojo con ellas”, ou “Esa es Galicia, son buenas”, e xa nos campos en Bormuxos cousas como “Cuidado con Galicia, es una de las favoritas”, nese intre dis, “pero se é a primeira vez que competimos nun campionato destes e non hai vídeos nin nada onde nos poidades ter visto, como poden dicir iso? Logo, co paso da competición, foi algo moi bonito. Fomos aló co obxectivo de intentar gañar algún partido e xa, no primeiro contra Castela-León, conseguímolo por 1-0. Fóra presión e a pasalo ben. E tanto que o pasamos ben: 1-0 a Andalucía, locais e defensoras do título naquel ano, para colarnos en semifinais. Nelas, 0-0 contra Cataluña e derrota a penaltis, 2-3. No partido polo terceiro posto, 2-0 a Valencia. Que máis se pode pedir … Garrido, Me, Luci, Inés, Laura, Tere, Malena, Esther, Andrea, Susi e Edu. Pino, Sara, Noelia, Rosalía, Lara, Judith, Eva e María. Pónseme a pel de pito … (risos). 

 Que che resultou, globalmente, máis satisfactorio, ese terceiro lugar ou o ascenso a Primeira con El Olivo?

 Puf!!! Xunto co ascenso a Terceira División co C.D.Cultural Areas son os meus logros máis importantes. Son todos sentimentos de moita, moita ledicia. O ascenso de El Olivo, “o club da túa vida”. Foron dez anos alí, que se di  pronto. Era algo que se perseguía dende había tempo e foi una sensación de ledicia impresionante. Cando o colexiado decretou o remate do partido en Fontanjau, todas as xogadoras abrazadas coa ducia de afeccionados que ata alí se desprazaron, eu chamando á miña muller e a miña nai. Foi un soño que se fixo realidade,… Coa selección foi algo express, como se soe dicir. Foron catro días intensos que remataron cun estourido de felicidade. Foi algo que non buscabas, e cando te atopas con iso é moi bonito. Co Areas era algo “premeditado”. Ese equipo fíxose para ascender si ou si, non había outro resultado posible e conseguiuse. Son tres momentos moi importantes.

 Na pasada campaña caedes en cuartos de final contra Madrid. Que características tiña esa fornada?

No equipo do ano pasado había moitas xogadoras de primeiro ano que ao final tiveron que tomar moitas máis responsabilidades da que lles correspondía por mor do que comentaba antes. Non están acostumadas a competir e a asumir responsabilidades. A sorte que temos é que esas xogadoras agora son de segundo ano e xa podemos pedirlles máis.

 Como está sendo a preparación para o próximo campionato en abril?

 De momento moi ben, mellor do esperado. Este ano hai un bo grupo, moi equilibrado, levamos cinco adestramentos e dous partidos, aínda nos queda algún adestramento máis e un encontro.

Das xogadoras coas que traballaches nestes tres anos, podes dicir dalgunha que se intúa poda ter un nivel moi salientable?

 De xogar na Segunda División pensamos que todas. De chegar ao máis alto nivel hai algunha que, de seguir traballando como ata agora, poder subir algún chanzo máis.

Como ves ao equipo deste ano. Hai posibilidades de algo grande?

Iso e moi subxectivo. Como che dicía do que nos sucedeu o primeiro ano, cada tempada que pasa tes que recompoñer e refacer o equipo. Do primeiro ano ao ano pasado foi un equipo completamente distinto, xa que eran xogadoras todas de segundo ano. Para este ano temos a sorte de que algunhas poden repetir. Das que están agora mesmo adestrando e que teñen posibilidades de volver a defender as cores da irmandiña hai catro xogadoras, pero o bo é que tamén hai cinco xogadoras que o ano pasado adestraron pero non viñeron á fase final do campionato, e que este ano melloraron moitísimo.

  Dinos que clubs son os que mellor traballan a base do feminino en Galiza e por que.

Un dos que mellor traballan por suposto é a S.C.D. Milagrosa de Lugo. É o único equipo que repetiu sempre convocadas nos tres anos que levamos coa selección sub 12. Tamén destacamos ao Orzán e ao Victoria da Coruña e ao Sárdoma de Vigo. Mágoa que máis equipos non traballen a base do fútbol feminino como si o fan no fútbol sala en Galicia.

 Tes fama de ser una das persoas máis documentadas sobre xogadoras galegas de base. Como é ese arquivo de datos e como o traballas?

 (Risas). É un chisco extenso pero non tanto como pensas (risas). Gústame ver partidos, falar cos adestradores e directivos, como se soe dicir, hai que moverse …

 E, á parte de ti, que técnicos salientarías polo traballo e coñecementos no fútbol de formación ao nivel feminino?

Se falamos da base, Óscar, da S.C.D. Milagrosa de Lugo, e logo un gran traballo que están facendo no Victoria C.F. da Coruña e no Sárdoma en Vigo. En ámbolos casos son xogadoras do primeiro equipo as que están adestrando aos equipos da base e colaborando na formación das rapazas.

Contounos Toni Pazó que colaboraches para facer un Sárdoma infantil exclusivamente formado por rapazas. Iso dáse nalgún equipo máis como o Victoria ou o Conxo. É bo ou negativo que, ao non haber ligas femininas, sexan creados equipos destas características que compitan contra masculinos?

Primeiro imos matizar. Eu non colaborei para facer o Sárdoma infantil, a min pedíronme consello e eu aconsellei nalgunhas cousas, só iso. Hai que matizalo porque non montei nada como está dicindo a xente por aí. Unha vez matizado, é o que che dicía antes, ao final penso que é bo porque a esas idades xa empeza a haber diferenzas físicas entre nenos e nenas, polo que os equipos de rapazas teñen que facer un sobre esforzo para poder competir. Algo que, para o meu entender, repercutiralles positivamente nun futuro.

 Este ano Galiza está tendo o seu primeiro campionato comarcal. Na primeira fase estiveches en Ferrol e en Vigo. Dános a túa valoración do que ollaches.

 Para nos, é dicir, para Me e para min é unha gran axuda este campionato, porque esa “primeira peneira” de xogadoras xa as fan as delegacións territoriais. Sabemos que sempre queda algunha xogadora espallada que non a chama a súa territorial, pero para iso estamos logo nós, para poder vela nalgún outro adestramento.

 Se che deran a escoller, logo do teu paso por El Olivo e agora en Erizana, que prefires, unha selección maior ou a das mais pequenas?

 Como se soe dicir, estes “pequenos monstruíños” danche a vida. É un pracer traballar con elas, dan traballo, pero as satisfaccións son maiores que as penas (risas). Ao meu corpo técnico e a min, nun futuro, nos gustaría coller, aínda que só fose un ano (o ano que ven a xeración de Bormuxos e de Logroño xúntanse), unha selección maior, pero nós debémonos á Federación Galega de Fútbol e faremos o que nos digan.Nesta primeira etapa de formación estamos moicómodos.

 No fútbol profesional fálase da soidade do técnico. Acontece o mesmo no fútbol de base?

 Si, aínda que tes ao teu corpo técnico, á túa familia, sempre hai esa “pouca” soidade que te rodea. Como no dito, éche o que hai (risas).

 IV CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB’12

Maspalomas (Canarias), 25-26/04/2014

GRUPO C

CANARIAS

GALIZA

EXTREMADURA

MADRID

  

 As convocadas e o equipo técnico no partido 

 

 

 

Entrenamiento Selección Territorial de Vigo Femenina Alevín F-8.

Entrenamiento Selección Gallega Femenina Alevín F-8

Entrenamiento Selección Territorial de Vigo

Torneos categorías base Sárdoma C.F.

Torneos a disputar, en Semana Santa, por nuestros equipos de las categorías base.

 

 Arosa Cup F7 (19-20 Abril)

Torneo de Atios (17-18-19 Abril)

Torneo de Bayona (14-15-16-17 Abril)

Torneo Concello de Mos Louro C.F. (16-17-18 Abril)

Torneo de A .D. Lavadores (17-18 Abril)

Torneo Totti Pereiro (18-19-20 Abril)

 

 

VIAJE A GIJÓN

El Sárdoma Club de Fútbol, así como las jugadoras del primer equipo, han invitado a todas las jugadoras de las categorías base, cadete, infantil y alevín, a viajar a Gijón el próximo domingo 13 de abril, para presenciar el encuentro de  2ª División Femenina, entre el Gijón F.F. y el Sárdoma C.F. Fem. 
Los gastos serán sufragados por el Club y por las jugadoras del primer equipo.

Las personas interesadas en viajar con el equipo, hasta limite de plazas, y por riguroso orden,  deben solicitarlo y hacer efectivo el importe correspondiente en las oficinas del Club, con un precio de 40 € por persona, autobús y pensión completa.

Para mas información ponerse en contacto con Pazó en el tfno 627218335 o J Manuel en el 616989680

Salida del autobús desde As Relfas a las 16.00  h. del sábado, regreso sobre las 21.30 h. del domingo

Ildara refuerzo para el primer equipo femenino

ASAMBLEA ORDINARIA

Se convoca Asamblea General de carácter ordinario para el próximo viernes día 28 de Febrero del 2014, a las 20.00 h. en 1ª convocatoria y a las 20.30 h. en 2ª y última, con el siguiente ORDEN DEL DÍA:

1º Lectura y aprobación de ultima acta.

2º Estado de cuentas a 31 Diciembre 2013

3º Fusión del equipo femenino "B" 

4º Temas relacionados con AET

5º Ruegos y preguntas.

Los socios del Club que no pudiesen asistir, pueden delegar en otro socio, firmando una autorización que pueden solicitar en la oficina

VIAJE A FRIOL

Con motivo del viaje a FRIOL del equipo femenino de 2ª Div., los interesados en viajar con el equipo pueden solicitar plaza/s antes del viernes 28 de Febrero, totalmente gratis.

Salida del autobús a las 14 horas del Domingo 2 Marzo desde As Relfas.

I Torneo FS Veronica Boquete

El Sardoma fue invitado al partido de exhibicion del Primer torneo Veronica Boquete de Futbol Sala Femenino. Nuestras Chicas Ganaron 6-1 en un gran partido

 

Entrevista Joana y Desi web Futbol Femenino

Nuestras dos jugadores del equipo Femenino le han realizado una entrevista en la web Ffemenino.es , si quereis leerla os dejo el enlace:

2ª FASE TORNEO DEPO

PREBENJAMIN, Viernes 3 a las 16 horas en As Relfas contra Arenas Alcabre

BENJAMIN, Sardoma - San Miguel el viernes 3 a las 16.00 horas en La Guia, 

ALEVIN, Independiente - Sardoma, a las 16.00 horas en Cotogrande el viernes 3

Marcador
Femenino 2ª Div. Nac.
Sardoma -Gijón Fútbol Fem.
13/04/2014 | 12:15 | Federación 2

-
Femenino B 2ª Div. Gal.
Sardoma -FIN LIGA
| |

-
Juvenil Nacional
Sardoma -RC Deportivo B
12/04/2014 | 18:00 | Mundo del Fútbol

-
Juvenil Gallega
Sardoma -Alerta Navia
16/04/2014 | 19:00 | As Relfas

4-0
Cadete Gallega
Sardoma -Alondras C.F.
13/04/2014 | 11:00 | Morrazo

-
Cadete B Primera
Sardoma -UD Sta. Marina
12/04/2014 | 17:00 | As Relfas

-
Infantil Gallega
Sardoma -Colegio Hogar S.R.
13/04/2014 | 12:00 | As Relfas

-
Infantil B Segunda
Sardoma -C D Teis
13/04/2014 | 12:15 | La Guia

-
Infantil Femenino
Sardoma -Independiente CF
12/04/2014 | 10:00 | As Relfas

0-6
Alevin A F8
Sardoma -C D Teis
12/04/2014 | 11:00 | La Guia

2-2
Alevin B F8
Sardoma -At. Matama
13/04/2014 | 11:00 | As Relfas

-
Alevin C F8
Sardoma -C D Teis
13/04/2014 | 11:00 | La Guia

-
Benjamin A F8
Sardoma -C D Teis
12/04/2014 | 11:00 | La Guia

3-1
Benjamin B F8
Sardoma -UD Sta. Marina
12/04/2014 | 12:00 | Sta. Marina ( A)

6-0
Benjamin C F8
Sardoma -Vilariño CF
12/04/2014 | 16:00 | As Relfas

-
Prebenjamin A F8
Sardoma -Chapela CF
12/04/2014 | 11:30 | Parada

3-1
Prebenjamin B F8
Sardoma -Val Miñor
12/04/2014 | 12:30 | Ureca

2-2
Prebenjamin C F8
Sardoma -Valladares
12/04/2014 | 11:30 | As Relfas

2-10
Escuela 5
Sardoma -Valladares
12/04/2014 | 11:30 | As Relfas

5-1
Escuela 4
Sardoma -
| |

-